sábado. 19.09.2020 |
El tiempo
sábado. 19.09.2020
El tiempo

Caballero acusa na Fonsagrada a Feijóo de "abandonar" o medio rural

Gonzalo Caballero pousa con cargos socialistas á entrada da casa consistorial fonsagradina.
Gonzalo Caballero pousa con cargos socialistas á entrada da casa consistorial fonsagradina.
O líder do PSdeG, que se reuniu con alcaldes e cargos do seu partido, asegura que a lei de demografía da Xunta será "papel mollado"

O secretario xeral do PSOE galego, Gonzalo Caballero, lamentou este xoves en A Fonsagrada a "desatención" da Xunta cara ao medio rural nos 11 anos de Goberno de Núñez Feijóo. Acusou o presidente galego de prometer "que esta sería a lexislatura do rural, pero abandonouno e recortoulle servizos".

Caballero estivo acompañado polo alcalde fonsagradino, Carlos López, e por outros rexedores do PSOE na Montaña, como os de Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Negueira de Muñiz e Pedrafita. 

Á convocatoria, interpretada como conclave para coller impulso ante os próximos comicios autonómicos, asistiron tamén o presidente da Deputación, José Tomé, e distintos cargos socialistas.

"O balance de Feijóo é fondamente negativo na Galicia rural: menos poboación, peores servizos sociais, menos actividade económica e menos posibilidade de futuro para a xente moza", sinalou o candidato do PSOE a presidir a Xunta, quen agregou que o diagnóstico é "moi preocupante".

Gonzalo Caballero anunciou que este sábado se celebrará en Ourense unha xornada de traballo de IdeaGaliciaLab, centrada nas especificidades do medio rural, coa finalidade de abrir unha nova etapa de políticas para o campo. O dirixente socialista sinalou que o balance de Feijóo neste ámbito "é fondamente negativo, aínda que a última hora tenta ocultalo cunha lei de demografía que será papel mollado", tal como sinalou o propio Consello Económico e Social (CES).

Tras esta visita, o PP de Lugo criticou a Gonzalo Caballero por utilizar edificios públicos, como a casa consistorial da Fonsagrada, "para reunións de partido". Os populares insistiron en que "os medios públicos non poden usarse para intereses políticos".

Caballero acusa na Fonsagrada a Feijóo de "abandonar" o medio rural
comentarios