A Garda Civil coordina desde a noite do venres o dispositivo de procura de Álvaro Pin, natural da localidade de Barangón, no municipio de Ribeira de Piquín, e que se atopa desaparecido no bosque da Marronda, no concello veciño de Baleira.
O home, duns 40 anos e que se atopa en tratamento psiquiátrico, aínda non fora localizado a última hora da tarde deste sábado, cando se puxo fin ao operativo, no que tamén participaron efectivos de Protección Civil da Fonsagrada e Ribeira de Piquín e algún axente forestal, así como un nutrido grupo de veciños da zona.
Tamén acudiu ao lugar na mañá do sábado e durante un par de horas o helicóptero da central de urxencias do 112 Galicia con base en Ourense, para axudar no rastrexo.
As tarefas para tratar de localizar este veciño de Ribeira de Piquín —que sofre problemas psiquiátricos desde hai tempo e ten unha incapacidade recoñecida— retomaranse a primeira hora da mañá do domingo, no caso de que non se produzan novidades ao longo da madrugada.
Le a información completa na edición impresa de El Progreso deste domingo