Os bombeiros sufocan un incendio urbano en Cervantes

Produciuse no lugar de San Román, na cheminea dunha vivenda

Un incendio urbano no lugar de San Román, no municipio lucense de Cervantes, mobilizou na mañá do mércores aos servizos de urxencias.

Aínda que o 112 chegou a mobilizar aos Bombeiros de Sarria, ao GES máis próximo e a Protección Civil, ao ter noticia de que había un incendio nunha casa habitada, finalmente o lume só afectou á cheminea do inmoble.