jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

O BNG demanda ao Concello que se opoña a cinco parques eólicos na Fonsagrada

El accidente ocurrió en un parque eólico. EP
Un aeroxerador. EP

O BNG de A Fonsagrada presentou unha moción na que pide á corporación que se opoña ante a Xunta á execución de varios parques eólicos no municipio, que se atopan en fase de tramitación. Trátase dos proxectos do parque de Serra de Liñares, que afecta o termo fonsgradino e ao de Ribeira de Piquín, e a ampliación do da Fonsagrada, "que volven a aparecer como proxectos a desenvolver non noso concello, aínda que o segundo, promovido por Green Capital Power, conta cun informe de oposición emitido polo director xeral de Mianas en 2018", explica a edil nacionalista, Josefa Ortiz.

A representante do BNG demanda tamén que se refuguen os proxectos de tres dos sete novos parques en estudo que, segundo o rexistro eólico de Galicia, situaranse na Fonsagrada. Son os de Paradanova, "polo grave impacto paisaxístico e patrimonial sobre o Camiño Primitivo", Reboira e A Sendiña.

Ortiz expón ao pleno que demande ao Goberno galego a procura dun consenso no Parlamento para substituír a actual lei de aproveitamento eólico.

O BNG demanda ao Concello que se opoña a cinco parques eólicos na...
comentarios