jueves. 02.07.2020 |
El tiempo
jueves. 02.07.2020
El tiempo

Baleira oferta oito prazas no xeriátrico local a empadroados

A conselleira de Política Social, Fabiola García, na visita que realizou á residencia en marzo. AIDA SOENGAS
A conselleira de Política Social, Fabiola García, na visita que realizou á residencia en marzo. AIDA SOENGAS
O Concello abre o período para que os interesados poidan solicitar o seu ingreso tras a aprobación da ordenanza reguladora

O Concello de Baleira abriu este luns o proceso de tramitación de solicitudes para cubrir as oito prazas reservadas no Fogar Residencial para veciños empadroados, unha vez aprobada a ordenanza reguladora das prazas de titularidade municipal. O primeiro día presentouse unha petición.

Estas prazas están destinadas exclusivamente a maiores de 65 anos que residen no municipio e que teñan solicitada ou aceptada a situación de dependencia. Unha vez recollidas as peticións convocarase a comisión que se encargará de aprobar os ingresos no Fogar Residencial, de acordo cos baremos establecidos. As outras 16 prazas desta residencia de maiores están tuteladas pola Xunta.

O mandatario baleirés, Enrique Martínez-Puga, publicou un bando no que comunica a todos os interesados ou familiares que teñan ao seu cargo persoas maiores e que queiran facer uso deste servizo, que as condicións esixidas para presentar a solicitude poden consultala na ordenanza fiscal reguladora, que se publicou no Boletín Oficial da Provincia o 18 de marzo. Esa ordenanza tamén poderá consultarse na páxina web do Concello de Baleira e na dirección concellobaleira.sedelectronica.gal.

Estas prazas son concedidas en réxime individual, aínda que tamén se contempla a posibilidade de admitir un acompañante do solicitante principal no caso de que reúna os requisitos de ser cónxuxe ou parente de consanguinidade.

Para calquera dúbida ou aclaración, os peticionarios poden dirixirse ao departamento de servizos sociais do Concello, sempre con cita previa, entre as 09.00 e as 14.00 horas, ou ben chamando ao teléfono 982.35.40.59.

As instalacións contan cun centro de día con 20 prazas.

Baleira oferta oito prazas no xeriátrico local a empadroados
comentarios