Das aulas da EPS á gran pantalla

O cervantego Álvaro Fernández, estudante do campus lucense da USC, interpretou a un brigadista en 'O que arde', de Óliver Laxe
Álvaro de Bazal y David de Pozo (al fondo) durante el rodaje. EP
photo_camera Álvaro de Bazal e David de Poso (ao fondo) durante a rodaxe. EP

O cervantego Álvaro Fernández López, alumno da Escola Politécnica Superior do campus lucense da USC, acaba de dar o salto das aulas á gran pantalla, e nada menos que da man de Óliver Laxe, na súa premiada película O que arde. Desempeñou o papel do brigadista Álvaro de Bazal -apelido co que homenaxea á súa aldea-, que lle serviu para estrearse na sétimo arte e vivir unha experiencia única.

"Nunca traballara de brigadista nin nada semellante, pero un día da primavera do ano pasado chamoume miña nai e díxome que tiña que ir a Navia porque o equipo de Óliver Laxe andaba na procura de mozos da comarca cervantega para a súa película", recorda o mozo, que cursa dobre grao de Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, sobre a carambola que o levou ata este proxecto.

"Alá me fun, fixen as probas coas indicacións que me dixo e, de seguida, comentou que contaban comigo", resalta, agradecido a Laxe e moi satisfeito pola experiencia vivida na rodaxe das súas escenas. Non tiña experiencia nunha brigada antiincendios, pero si coñeceu de cerca, como afectado, o que era combater o lume. "Na vaga de lumes que arrasou Cervantes en 2017, se que axudei en labores de extinción", destaca.

Admite que "co lea dá película" tivo que deixar algunha materia pendente, pero non se arrepinte. "O que arde permitiume ver de preto o mundo do cine", agradece Álvaro, que tamén explica que no filme, ademais, compartiu escenas co seu amigo David de Poso. Tras esta vivencia, ás súas 21 anos, Álvaro ten claro que o seu futuro inmediato pasa por acabar os seus estudos actuais e despois completar o máster en Agrónomos.

Comentarios