sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Alumnos de Becerreá apostan por emprender no medio rural

Sonsoles López Esquerdo, nunha charla no IES de Becerreá. EP
Sonsoles López Esquerdo, nunha charla no IES de Becerreá. EP

Participan en actividades para aprender a aproveitar recursos sostibles

Unha quincena de alumnos do IES de Becerreá participaron nunha actividade básica de emprendemento enmarcada dentro do Campus de Emprendemento Sostible que organiza a Deputación.

Os asistentes, con idades comprendidas entre 15 e 16 anos, recibiron formación teórica para aprender a aproveitar recursos sostibles no medio rural, que será complementada cunha parte práctica consistente na visita a empresas ecolóxicas lucenses.

A deputada de promoción económica e social, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou este martes esta nova actividade que, segundo explicou, "ten a finalidade de sementar nas xeracións futuras ou xermolo do emprendemento e defender vivir no rural e do rural", explicou.

López Izquierdo recalcou a importancia de inculcar á mocidade "o espírito emprendedor para que queiran levar a cabo iniciativas empresariais sostibles capaces de xerar riqueza na nosa provincia e, ao mesmo tempo, dispoñer de oportunidades para quedar a vivir no noso territorio, algo tan necesario para frear o despoboamento que está a padecer o medio rural".

VISITAS A EMPRESAS. Este xoves, día 10 de xaneiro, os escolares do instituto becerrego visitarán tres empresas ecolóxicas da provincia para coñecer en primeira persoa os seus modelos de negocio. Así, acudirán á firma de cultivo de plantas medicinais e aromáticas Milhulloa e á granxa familiar de produción ecolóxica Arqueixal, ambas en Palas de Rei. Para rematar, acudirán á empresa corguesa Artesanía Cabazas Meigo de Lugo, que se dedica a elaborar lámpadas con cabazas.

Alumnos de Becerreá apostan por emprender no medio rural
Comentarios