Alerta na Fonsagrada ante unha estafa con falsas vacinas contra o covid

Dúas persoas trataron de enganar a varios maiores da localidade
Concello de A Fonsagrada. SEBAS SENANDE
photo_camera Concello da Fonsagrada. SEBAS SENANDE

Os veciños da Fonsagrada permanecen en alerta tras detectar a presenza de dous estafadores na localidade.

Trátanse de dous homes que trataron de enganar a varios maiores vendéndolles unha falsa vacina contra o covid, segundo informa a CRTVG.

Son as mesmas persoas que foron localizadas no occidente astur a semana pasada realizando procedementos similares.

Polo momento o que se sabe destes individuos é que se desprazan nun Opel Astra de cor gris e que un deles leva barba. 

Comentarios