O alcalde de Baralla inclúe o seu fillo como número tres da súa candidatura

O popular, que accedeu á alcaldía en 1987, nega que se deba a unha manobra para a súa substitución no futuro

Manuel González Capón. J. VÁZQUEZ
photo_camera Manuel González Capón. J. VÁZQUEZ (AEP)

O alcalde de Baralla, Manuel Jesús González Capón, incluíu o seu fillo Miguel González Piñeiro como número tres da lista do Partido Popular que o rexedor encabeza de cara ás próximas eleccións municipais.

"Está na lista e punto. Non teño nada que opinar ao respecto, é algo normal, natural. Ao que lle pareza ben, ben. E ao que lle pareza mal, pois bueno, a min que máis me dá", indicou o rexedor.

González Capón accedeu á alcaldía de Baralla a finais da década dos 80, en 1987, e a pesar de levar máis de tres décadas á fronte da corporación municipal, negou que detrás da inclusión do seu fillo na candidatura popular haxa unha manobra para que o substitúa no futuro. "Non teño que explicar nada", insistiu o rexedor e alcaldable.

As candidaturas dos partidos de oposición non presentan novidades en canto á cabeza de lista. No PSOE de Baralla, que conta con dous concelleiros, o candidato será novamente Jaime González del Río, mentres que Xosé Manuel Becerra Pardo, portavoz e único edil do BNG na actual corporación, repetirá como candidato nacionalista.

Comentarios