domingo. 25.08.2019 |
El tiempo
domingo. 25.08.2019
El tiempo

O alcalde de Baralla delega as súas funcións por cuestións médicas

Manuel González Capón. J. VÁZQUEZ
Manuel González Capón. J. VÁZQUEZ

O tenente de alcalde, Manuel Rodríguez Vilela,encargarase de levar as rendas do Concello ata o próximo 5 de xullo

O alcalde de Baralla, Manuel Jesús González Capón, asinou o pasado xoves unha delegación de funcións ata o próximo 5 de xullo. Ata esa data será o tenente de alcalde, Manuel Rodríguez Vilela, o que se encargará de levar as rendas do Concello. González Capón aproveitará este tempo para someterse a diversas probas médicas.

Os problemas de saúde de González Capón fixéronse evidentes no acto de investidura do seu novo mandato, que se celebrou o pasado sábado. Durante o mesmo, o rexedor viuse arroupado polo agarimo de numerosos veciños.

O alcalde de Baralla delega as súas funcións por cuestións médicas
Comentarios