Alarma nas Nogais ao arder o cableado dun inmoble céntrico

Os veciños sufocaron o lume antes de que chegasen os bombeiros
Camión de Bomberos de Sarria. AEP
photo_camera Camión de Bombeiros de Sarria. AEP

Os medios de emerxencias tiveron que desprazarse este sábado ata As Nogais tras empezar a arder o cableado da fachada dun inmoble

O contratempo rexistrouse uns minutos despois das tres da tarde na rúa Rosalía de Castro, nun edificio situado fronte á casa consistorial, xerando alarma entre os veciños pola súa céntrica localización. 

A central galega de emerxencias do 112 avisou do incidente ao GES de Becerreá e ao parque de bombeiros de Sarria. Finalmente, os propios veciños lograron sufocar cun extintor o lume, que provocou poucos danos. Os bombeiros do parque sarrián encargáronse, á súa chegada, de realizar medicións de temperatura e verificar que non había risco de que se reavivasen as chamas.