Os acusados de queimar unha casa en Negueira de Muñiz recoñéceno

A Fiscalía solicitou tres meses e un día de prisión para sete procesados por apedrear e queimar unha casa neste municipio hai oito anos.
El juicio. EP
photo_camera El juicio. EP

O ministerio público rebaixou a solicitude de condena para os sete acusados que recoñeceron os feitos de dous anos de prisión a tres meses e un día porque aplicou as atenuantes de dilacións indebidas, porque os feitos tiveron lugar hai oito anos, e de reparación do dano, pois abonaron os 1.922,21 euros que custaron as obras de reforma do inmoble. Ademais, retirou a acusación contra un oitavo procesado.

No xuízo celebrado este mércores na Audiencia Provincial de Lugo non se puido acreditar que os acusados apedreasen e prendesen lume á vivenda en represalia polo furto dunha cabra.

Na vista oral tamén se puxo de manifesto que as vítimas, os xemelgos que residían na casa, levaban doce anos de okupas nela, segundo aseguraron os herdeiros do matrimonio propietario do inmoble. Tres deles declararon desde Barcelona por videoconferencia.

Comentarios