A autovía A-6 rexistrou na mañá deste luns un accidente múltiple, con cinco vehículos implicados e unha persoa ferida.
O sinistro, segundo informou a Garda Civil, tivo lugar ás 11:30 horas á altura do municipio de Baralla, no quilómetro 472,600, desta vía que une Madrid e A Coruña.
O accidente consistiu nunha colisión múltiple por alcance, con cinco vehículos implicados; en concreto dous camións articulados, un camión e dous turismos.
Como consecuencia do sinistro, resultou ferida unha persoa, a condutora e única ocupante dun dos dous turismos.