Abrente organiza o próximo día 28 nas Nogais unha gala solidaria para recoller alimentos

Instalaciones del Banco de Alimentos de Lugo. EP
photo_camera Instalacións do Banco de Alimentos de Lugo. EP

A asociación Abrente das Nogais organiza o próximo día 28 a cuarta edición da súa gala de Nadal, que este ano terá un marcado carácter solidario xa que incluirá unha recollida de alimentos para o Banco de Lugo.

Os interesados en participar nesta campaña, denominada Zoquiños Solidarios, poden deixar as súas achegas no centro sociocultural das Nogais o sábado 21 e o sábado 28. O primeiro día, o horario de recollida dos alimentos será de 10 a 14 e de 16 a 22 horas; mentres que o día 28 o horario será de 10 a 14 e de 18 a 19 horas.

Desde a organización recórdase que os mellores alimentos para doar son arroces e pastas, desaconsellando aceites.

Comentarios