A Fonsagrada: coa pá para sacar a neve das rúas

A vila amenceu este domingo completamente cuberta pola neve

A neve caída na Fonsagrada desde o sábado ao mediodía e durante a madrugada do domingo deixou importantes acumulacións nas rúas da vila. Neste vídeo compartido en Facebook pola concelleira do BNG Nenoso Ortiz vemos como os veciños tiveron que retirar a neve cos seus propios medios. 

Noutros puntos da montaña lucense, como en Santa Mariña (Samos), a cantidade de neve caída tamén impresiona, como se observa nesta fotografía tomada por unha veciña. 

Gran nevada en Santa Mariña, Samos. CONSUELO

Comentarios