A Xunta pide unha "reacción" a Alcoa e ao Goberno para vender a planta

Conde lamentou que non haxa "ningunha explicación" ao "cambio de criterio" en relación co papel da Sepi 
Francisco Conde. VICTORIA RODRÍGUEZ / ARCHIVO
photo_camera Francisco Conde. VITORIA RODRÍGUEZ

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, recoñeceu que o proceso para a venda da fábrica de aluminio primario de San Cibrao está nun momento de moitísima "ambigüidade e segredo por parte do Goberno e de Alcoa", a quen pediu unha "reacción" para levar a operación a bo porto.

Conde lamentou, antes de participar nun acto institucional no aeródromo de Rozas, que non haxa "ningunha explicación" ao "cambio de criterio do Goberno" en relación co papel da Sepi no proceso de venda, nin tampouco sobre a falta de transparencia por parte de Alcoa.

"Os traballadores non llo merecen e Galicia non llo merece”, porque "hai un consenso claro para que se produza esa venda", sinalou o vicepresidente galego.

Por este motivo considera que se fai necesaria unha "reacción" por parte de ambos os actores que achegue "certidumbre e transparencia" ao proceso.

"A Sepi ten que seguir liderando ese proxecto", engadiu Conde, que garantiu que "a Xunta seguirá colaborando" porque o Goberno "pode contar" coa administración autonómica na procura desa ansiada solución, para a que reclamou "claridade" e "unidade de acción".

Comentarios