A Xunta lamenta que a negociación do Ere de Vestas acabase sen acordo

"A empresa non achega ningunha solución desde o punto de vista industrial", sinala Conde
Francisco Conde. SEBAS SENANDE
photo_camera Francisco Conde. SEBAS SENANDE

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, lamentou que o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (Ere) de Vestas na planta de Viveiro finalizase sen acordo.

Preguntado pola situación do Ere que afecta a unhas 115 persoas da fábrica, Conde criticou que "non foi posible chegar a un acordo", pois a empresa non quixo ampliar o período de negociación "que era unha das posibilidades para poder identificar algún tipo de saída".

Ver máis: Vestas declina ampliar as consultas do Ere e a última reunión termina en desacordo

"Neste contexto, estamos nunha situación na que lamentablemente a falta de acordo supón dar continuidade ao Ere", subliñou Conde, quen engadiu que "a empresa non achega ningunha solución desde o punto de vista industrial".

"Se a empresa ten decidida esa decisión, podería executar o Ere", sinalou. 

Comentarios