Xunta e Goberno propoñen a Alcoa e sindicatos ampliar o período de consultas ata o 28 de setembro

A empresa deberá comprometerse, en caso de aceptar a proposta, a negociar en exclusiva con Liberty House unha operación de compravenda para manter a actividade industrial e o emprego
Vista de la factoría de Alcoa en San Cibrao. J.Mª ALVEZ
photo_camera Vista da factoría de Alcoa. JM ALVEZ

A Xunta de Galicia e Goberno central demandaron este martes a Alcoa e aos sindicatos á ampliación do período de consultas do Ere ata 28 de setembro para tratar de garantir a actividade industrial e o emprego na factoría de San Cibrao. 

A empresa deberá comprometerse durante ese período a negociar unha operación de compra venda en exclusiva co grupo Alliance (Liberty House), ademais Alcoa tería que informar regularmente a ambas as administracións e aos representantes sindicais da evolución das negociacións dentro dunha mesa industrial que se constituirá ao efecto, que incluirá un integrante de cada sindicato que forma parte do comité de empresa.

A ampliación do período de consultas ten como obxectivo prioritario pechar un acordo de compra venda, fixando para iso o 27 de setembro como data límite para conseguilo. No caso de que non se concrete, as partes que integran a comisión negociadora (Alcoa e comité de empresa) reuniranse o 28 para finalizar as consultas.

Máis en A Mariña
Comentarios