A Xunta financiará 10 novas prazas nun centro de día do Alzheimer en Mondoñedo

Residencia de San Rafael, en Mondoñedo.AEP
photo_camera Residencia de San Rafael, en Mondoñedo.AEP

O Concello de Mondoñedo contará cun novo centro de día de Alzheimer no centro San Rafael, que ofertará 10 novas prazas públicas.

En concreto, estas novas prazas estarán financiadas pola Xunta por un importe de 120.000 euros. Así o trasladou ao cosnelleira de Política Social, Fabiola García, durante unha visita ao centro xunto á rexedora, Elena Candia.

Alí, Fabiola García destacou que este servizo dará resposta á demanda dos veciños, tanto para os que sofren esta enfermidade como para a conciliación dos seus familiares.

Comentarios