A Xunta detecta outros catro mascatos con gripe aviaria, dous deles en Foz e Viveiro

Só o achado na praia focense de Llas estaba vivo e enfermo, o resto localizáronse xa mortos, un na estrada LU-862, ao paso polo concello vivariense  Outros dous exemplares apareceron en Carnota e Oia
Mascatos en A Mariña. EP
photo_camera Mascatos en A Mariña. EP

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), a través da Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección de catro novos casos de influenza aviaria de alta patogenicidad en aves silvestres, confirmados polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid). Con estes son xa 21 os rexistrados en Galicia, todos eles afectan a mascatos. 

Os novos exemplares afectados de alcatraz común ou atlántico, Morus bassanus, recolléronse nas praias de Carnota (A Coruña) e Llas (Foz), así commo na estrada LU-862 ao paso polo concello de Viveiro e en Viladesuso (Oia), en Pontevedra. Salvo o recolleito en Foz, que estaba enfermo, os outros tres apareceron mortos. 

Todas estas aves foron trasladadas aos centros de recuperación de fauna silvestre situados en Oleiros (A Coruña), O Veral (Lugo) e Carballedo (Cerdedo-Cotobade), seguiendo o protocolo establecido entre as consellerías de nbsp;Medio&Rural e Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. O animal enfermo foi eutanasiado tras a toma de mostras, mentres que os cadáveres foron eliminados conforme á normativa vixente.

O mascato ou alcatraz ten hábitos mariños e non adoita aproximarse á costa en condicións normais, razón pola cal Medio Rural recorda que é necesario reforzar as medidas de bioseguridad nas explotacións avícolas, sexan comerciais ou particulares, especialmente para evitar o contacto con aves silvestres, e intensificar a vixilancia ante calquera signo de strong <>enfermidade nas aves.

As autoridades veterinarias do Atlántico norte, área de residencia habitual do alcatraz, notifican nos últimos meses numerosos casos de gripe aviaria na especie, posible orixe dos casos detectados en Galicia, derivados da migración anual destas aves cara ao sur. Prevese que aínda poida manterse unhas semanas, .polo que se recomenda non manipular as aves achadas enfermas ou mortas e notificalo aos servizos veterinarios oficiais, a pesar de que o virus non ten capacidade significativa de infección nas persoas.

No que vai de ano, 12 das 17 comunidades autónomas do Estado notificaron algún caso de gripe aviaria en aves silvestres, sendo o mascato a especie na que se detectou con maior frecuencia nos últimos meses. nas comunidades do Cantábrico e en Andalucía. 

comentarios