viernes. 07.08.2020 |
El tiempo
viernes. 07.08.2020
El tiempo

A Xunta dará as "indicacións necesarias" sobre o voto dos confinados na Mariña

Almuiña. CABALAR (EFE)
Almuiña. CABALAR (EFE)
Farao "de acordo coa Xunta Electoral"

A Consellería de Sanidade trasladou este venres que, chegado o caso, en función de como evolucione a pandemia e "de acordo coa xunta electoral" realizaranse as "indicacións necesarias" sobre os confinados -na Mariña lucense ascenden a varios centenares tras un brotecuxo dereito a voto podería verse en cuestión pola situación de illamento. 

Así o trasladaron fontes da Consellería consultadas por Europa Press, que recordaron, ademais, que o protocolo do Ministerio "establece un confinamento de dez días", polo que moitos xa poderían chegar libres da corentena cita coas urnas do próximo 12 de xullo 

En todo caso, as mesmas fontes precisaron que Saúde Pública segue realizando un seguimento da situación epidemiolóxica na Mariña, polo que, chegado o momento, "de acordo coa xunta electoral" realizará "as indicacións necesarias". 

Este mesmo venres a Consellería mantivo un encontro con varios alcaldes a zona e aproveitou para solicitar a súa colaboración "no control e vixilancia do cumprimento das medidas ditadas".

AUTORIZACIÓN "EXPRESA" DO SERVIZO SANITARIO. Sanidade recordou, tras este encontro, que as persoas que sexan consideradas como un caso sospeitoso de infección por Covid-19, xa estean pendentes dos resultados de probas diagnósticas, ou ben sexan casos positivos confirmados, deberán seguir as indicacións de illamento ou corentena que lle sexan sinaladas desde os dispositivos asistenciais ou desde saúde pública, sen poder abandonar o seu domicilio -ou lugar de illamento-, "excepto autorización expresa do servizo sanitario". 

Pola súa banda, preguntadas sobre as medidas que poderíanse adoptar para garantir o dereito a voto deste colectivo como departamento que asume o peso na organización do proceso electoral, fontes da Vicepresidencia limitáronse a recordar que se elaborou "un protocolo que xa era de máximos e que inclúe todas as medidas de seguridade para que se poida votar con garantías". 

A Xunta dará as "indicacións necesarias" sobre o voto dos...
comentarios