Xunta e Concello acordan conservar a ponte de Xunqueira pero modificándoo

A reunión cos técnicos de Augas de Galicia para concretar o proxecto que evitará novas inundacións no barrio vivariense tamén mantén o lavadoiro e accesos a vivendas en coche
Reunión en Viveiro. EP
photo_camera Loureiro y Arias con técnicos de Augas de Galicia. EP

A reunión da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, co delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, permitiu concretar unha das catro opcións expostas polos técnicos de Augas de Galicia para o proxecto de actuacións que reduzan o risco de inundacións en Xunqueira que, como se recordará, custaron a vida a unha anciá, veciña do barrio vivariense, e numerosas desfeitas ao paso da avalancha de auga no río Fontevova. 

"A construción dun novo ollo na ponte para facilitar o paso da auga, a creación dunha canle de augas baixas e outra de augas latas ou a modificación da pendente nalgúns puntos" son aspectos que se concretan, ademais de conservar o lavadoiro existente e accesos tanto peonís como en coche para os veciños.

Na edición de El Progreso da Mariña deste sábado ofrécense máis detalles.

Comentarios