A Xunta aclara aos concellos que o control dos illados farano Sergas e Policía Autonómica

Vázquez Almuiña. XESÚS PONTE
photo_camera Vázquez Almuiña. XESÚS PONTE

A Consellería de Sanidade aclarou aos concellos da Mariña que o control das persoas illadas ou en corentena polo brote de coronavirus levarao a cabo os servizos asistenciais da xefatura territorial do Sergas en colaboración coa Policía Autonómica. 

Segundo fontes do departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña, esa foi unha das cuestións trasladadas aos gobernos locais na reunión celebrada este luns para abordar a situación na comarca, pechada ata o venres para controlar o brote de Covid-19. 

Sanidade recordou aos concellos que son competentes para velar polo cumprimento do uso de máscara, o control de aforamento e os horarios de peche dos locais, así como controlar os espazos e instalacións de titularidade municipal. Así mesmo, solicitan a súa colaboración para que, "dentro das súas posibilidades", os corpos das policías locais e protección civil poidan exercer tarefas de información das obrigas establecidas na comarca.

Máis en A Mariña
Comentarios