Xove homenaxea a súa veciña centenaria Josefa Domínguez García

O alcalde e a concelleira de servizos sociais visitárona na súa casa de Morás para entregarlle un detalle polo seu 100 aniversario

centenaria xove josefa dominguez
photo_camera Josefa Domínguez coa súa familia, o alcalde e a concelleira de servizos sociais.EP

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de servizos sociais, Ana Abad, visitaron na súa casa de Morás á veciña Josefa Domínguez García, que cumpría 100 anos.

Os representantes municipais sumáronse á celebración familiar e entregaron á centenaria un ramo de flores e unha torta de aniversario. Na festa "Josefa fixo gala do seu bo humor e simpatía", indican desde o Concello.

Comentarios