Dous feridos nun accidente entre tres turismos e un camión na vía rápida de Xove

O sinistro produciuse ás dez menos cuarto e os lesionados foron evacuados ao Hospital da Costa
photo_camera Tres coches víronse implicados nun accidente en Xove. FELI GARCÍA QUELLE

Dúas persoas resultaron feridas este xoves en accidente moi aparatoso entre tres turismos e un camión ocorrido no quilómetro 4 da vía rápida CG 2.3, á altura da saída de Xove cara a Viveiro.

O sinistro produciuse ás dez menos cuarto e os lesionados foron evacuados ao Hospital da Mariña, en Burela.

O 112 Galicia mobilizou a Urxencias Médicas para o traslado dos feridos, aos bombeiros de Viveiro e ao GES de Cervo para a limpeza da calzada e ao chegar comprobaron que non había atrapados. Tamén interveu a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Xove.

Ao parecer, un coche, conducido por unha muller que resultou ferida, chocou cun camión e despois outro vehículo que parara na zona tamén se viu implicado, con outro ferido leve.

Comentarios