As xogadoras do Burela FSF, homenaxeadas na Deputación

Darío Campos recibiu ás integrantes do club mariñán que se alzaron co trofeo de Copa da Raíña a pasada fin de semana

Campos recibiu ás xogadoras do Burela FSF. EP
photo_camera Campos recibiu ás xogadoras do Burela FSF. EP

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, recibiu este xoves, ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF, que veñen de gañar a Copa da Raíña de fútbol sala. Durante o acto, tamén participou a vicepresidenta do club, Cesarina Fanega.

A celebración do campionato en Burela, para á que a Deputación achegou 20.000, euros reuniu os 8 primeiros clasificados da Liga Foro 16 Feminismo. As mariñás acadaron o título nunha final que se prolongou ata os penaltis contra o Futsi Atlético Navalcarnero.

Campos destacou "o momento clave que vive o deporte feminino, demostrando cada día que pode ofrecer a mesma calidade e espectáculo que o masculino". "Trátase, así mesmo, dun momento que as institucións non podemos deixar pasar", reivindicou.

"Desde a Deputación queremos facer desta institución e desta provincia un referente cando se fale de deporte feminino"

Nesta tempada, o equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS conseguiu o ascenso á Primeira División, converténdose no único club de España que conta con equipo masculino e feminino na máxima categoría do fútbol sala nacional.

As xogadoras remataron unha temporada de éxitos despois de quedar segundas no campionato de Liga, proclamarse campioas da XIII Copa Galicia e acadar a súa segunda Copa de España, que por primeira vez levou o nome de Copa da Raíña.

Comentarios