Reabre a A-8 en O Fiouco

Segundo informou a DXT, as condiciones mejoraron y se puede circular de nuevo desde el mediodía de este martes

Advertencia de niebla en la A-8. DGT
photo_camera Advertencia de néboa na A-8. DXT

Unha notable melloría nas condicións de visibilidade permitiu este martes ao mediodía a reapertura ao tráfico da Autovía do Cantábrico -A-8- entre os municipios de Abadín e Mondoñedo, un tramo que estivo pechado durante máis de dez horas por mor dos densos bancos de néboa que condicionaban a seguridade dos usuarios.

Segundo informaron a Efe fontes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo, a circulación en ambos os sentidos da marcha quedou restablecida ás 11.50 horas e, posteriormente, o nivel de alerta baixou a "amarelo" ao levantar a néboa, de forma que a partir das 12:29 horas xa se podía transitar "con precaución" polo tramo do Alto do Fiouco.

A néboa obrigou á Dirección Xeral de Tráfico a manter pechada a autovía en ambos os sentidos da circulación desde as 01:17 horas, entre os puntos quilométricos 536 e 552, que coinciden co paso da A-8 polo Alto do Fiouco, no municipio de Mondoñedo, onde os problemas coa néboa son habituais.

De feito, os problemas de visibilidade persisten desde o fin de semana, cando a autovía estivo neste tramo máis tempo pechada que aberta.

O Centro de Xestión de Tráfico do Noroeste realizou probas nos últimos días con novas balizas no Alto do Fiouco para reducir as horas nas que esta autovía ten que permanecer pechada nese punto ao longo do ano.

Comentarios