Volven os minitalentos

A décima edición da escola de Academia A Mariña, un proxecto educativo que traballa a autoestima e motivación, arrinca o 26 de xuño
Alumnado y profesorado de una edición pasada de la escuela de Academia A Mariña. AMA
photo_camera Alumnado y profesorado de una edición pasada de la escuela de Academia A Mariña. AMA

A décima edición da Escola de Minitalentos da Academia A Mariña arrincará o próximo 26 de xuño para nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Este proxecto educativo inclúe a aprendizaxe e reforzo dos contidos aprendidos no colexio pero tamén as novas tecnoloxías e, sobre todo, a mecanografía, "tan importante hoxe en día", resaltan desde a academia burelense que ten neste proxecto educativo pioneiro en Galicia unha atención especial co traballo da autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples. O prazo para inscribir aos pequenos está aberto e pode facerse a través do teléfono 982.58.50.98 ou no correo electrónico [email protected].

Precisamente, a directora da Escola de Minitalentos, Raquel Hermida, resalta que "o noso é un programa de desenvolvemento infantil para fomentar o talento dos nenos e as nenas. Os nosos obxectivos son encher as mochilas dos nenos e nenas de experiencias novas, contidos e fortalezas, fomentando a autoestima e a súa motivación. Ademais outro obxectivo é o de potenciar as súas capacidades e habilidades para que sempre poidan contar con elas. Aprendemos a traballar en equipo mentres realizamos proxectos de emprendemento. Traballamos o enxeño, a creatividade e orientamos para coñecerse mellor, saber o que valen, quererse como persoas e sobre todo ser felices".

Conciliación

Outro aspecto da escola é que "desde as 08.00 da mañá permanecerá aberta para favorecer a conciliación laboral, podendo incorporarse ás actividades e talleres ao longo da mañá. é unha escola para aprender divertíndonos, compartindo cos demais e ser felices. A intelixencia emocional é fundamental para o desenvolvemento dos nenos e nenas. Haberá programas especiais para abordar o conxunto de intelixencias múltiples, destacando entre outros, os talleres de oratoria, de comunicación verbal e non verbal tan importantes para o día a día".

Raquel Hermida destaca tamén deste proxecto educativo que foi madurando ata alcanzar a década de celebración estival: "Esta escola créase para desenvolver as capacidades e habilidades dos nosos fillos mediante dinámicas, xogos, proxectos de investigación, etcétera, que eles mesmos realizarán. Traballamos as intelixencias múltiples de Howard Gardner: intelixencia visual-espacial; lóxica-matemática; musical; verbal-lingüístico; corporal Kinestésico, intrapersonal, interpersoal; naturalista; emocional. Os nosos minitalentos pasarán un verán divertido, entretido e moi estimulante, onde aprenderán a coñecerse como persoas, impórtanos a súa felicidade. é unha escola de verán na que se traballa a autoestima, a motivación, a proactividad, e sobre todo, as intelixencias múltiples".

Comentarios