Volven esnaquizar o banco do miradoiro barreirense de Comado

O rexedor, Alfonso Fuente, cifra o custo da reposición en 400 euros

Banco destrozado en el monte Comado de Barreiros. AMA
photo_camera Banco esnaquizado no monte Comado de Barreiros. AMA

As redes sociais fixéronse eco da indignación de numerosos barreirenses ao saber que o banco do miradoiro do monte Comado volveu sufrir desfeitas. O rexedor, Alfonso Fuente, cifra o custo da reposición en 400 euros. É xa a segunda vez que ocorre e ademais, a anterior coincidiu cunhas datas similares, decembro de 2017.

Hai quen afirma que as vistas que se gozaban desde este banco son similares ás do máis famoso do Loiba. Un internauta, José Antonio Otero, propón que o poñan de cemento e Place CastroVila obxecta que iso non faría falta "se tivéramos sentido. Non lle fai dano a ninguén, só a algún intruso que non ten que facer", lamenta. Outros táchanos de bárbaros "e energúmenos" aos autores.