Viveiro ten este sábado 44 casos diagnosticados de covid-19

A incidencia acumulada dos últimos 14 días sitúase por encima de 250
Material para realizar pruebas PCR. ARCHIVO
photo_camera Material para realizar probas PCR. ARQUIVO

O concello de Viveiro rexistra un novo aumento de casos diagnosticados por covid-19. A cifra de contaxiados é 44, o que supón tres persoas máis que na xornada anterior, segundo os datos que figuran no mapa epidemiolóxico do Sergas.

A incidencia acumulada é superior a 250 tendo en conta os últimos 14 días, aínda que se se consideran os casos detectados na última semana, que foron 26, queda entre 125 e 250. Estes datos de incidencia son similares aos que se rexistran no veciño concello de Xove, que ten oito afectados polo coronavirus.

Por baixo de nove casos atópase tamén o municipio de Cervo, aínda que a súa incidencia é menor (este luns contabilizaba catro afectado), dado que ten menos afectados ao haberse estabilizado durante esta semana. 

O Hospital da Mariña, en Burela, rexistrou este sábado pola mañá de novo colas pola realización de probas diagnósticas PCR a contactos de afectados. Unhas 150 persoas pasaron polo centro sanitario.

Comentarios