Viveiro rexistrou unha dos refachos máis fortes de aire que tamén azoutou ao Fiouco

Rexistrouse na estación de Penedo do Galo

Os ventos azoutaron este domingo con intensidade a costa lucense. A estación de Penedo do Galo en Viveiro volveu rexistrar máximas en Galicia, con refachos que rozaron os 84 quilómetros por hora.

O vento tamén complicou o tráfico no Alto do Fiouco da A-8, con aviso verde.

Pese ao vento e á choiva, Ribadeo e Lourenzá gozaron dalgunhas das maiores temperaturas de Galicia, con 16,4 graos, respectivamente.

Comentarios