Viveiro, a un paso do Nadal

O Concello acende o sábado a iluminación e o domingo abre o belén de Santa María. Haberá un circuíto unidireccional para ver o nacemento, que incorpora un faro de 8 metros
Figuras instaladas en el Belén de Viveiro. EP
photo_camera Figuras instaladas en el Belén de Viveiro. EP

O Concello Viveiro dá a benvida ao Nadal esta fin de semana co aceso da iluminación ornamental, que será este sábado, e a apertura ao público de Viveiro ante o Berce, o coñecido como belén xigante de Santa María, que poderá visitarse desde as doce do mediodía deste domingo e permanecerá aberto ata o 13 de xaneiro.

Co obxectivo de evitar aglomeracións o goberno local non organiza ningún acto de inauguración do belén, "polo que os visitantes poderán acceder durante todo o día" e do mesmo xeito que o ano pasado mantense como medida de seguridade un percorrido de única dirección para velo. "Desde o Concello pedimos ás persoas que visiten o belén nestas datas que respecten as indicacións e o percorrido sinalizado co obxectivo de evitar aglomeracións na zona", indican.

O Concello anima a todos os veciños e visitantes a achegarse ao municipio "para gozar do ambiente de Nadal, sobre todo a partir desta fin de semana co acendido ds decoración e a apertura do belén, considerado un dous máis importantes de Galicia e que destaca pola súa beleza, a dimensión dss súas pezas, a extensión do conxunto e por estar instalado nun enclave histórico-monumental único", destacan.

Esta montaxe é posible grazas ao esforzo e enxeño da asociación Amigos do Centro histórico, que tras un intenso mes de traballos non exentos de complicacións -como o mal tempo- xa ultima os detalles da instalación. O presidente, Jesús Atadell, prefire non dar demasiadas pistas da montaxe para que os visitantes poidan descubrir por si mesmos as novidades, que son moitas. "Vai haber figuras novas e moitos cambios de localización. O belén dá unha volta total, non ten nada que ver con ningún doutros anos", comenta.

Algo que si avanza é a incorporación da figura dun faro que mide case oito metros de alto, "unha peza moi atractiva" que naceu para tapar e protexer o cruceiro do atrio. Outro cambio que salta á vista é que os Reis Magos non están no exterior, senón que se situarán xunto ao pesebre. Haberá en total unhas 80 pezas a tamaño natural e repetirán como nas últimas edicións as galiñas "de verdade" que encanta ver aos máis pequenos.

Comentarios