Viveiro homenaxea a Alejandro Paleo tras a súa viaxe a Dinamarca

A alcaldesa recibiu á comitiva na casa consistorial
photo_camera Viveiro

Viveiro recibiu este luns a Alejandro, o exciclista profesional e traballador de Vestas que viaxou ata Dinamarca en bicicleta para pedir á firma que non peche a planta de Chavín. 

A corporación municipal brindou unha recepción no consistorio a Paleo e aos dous compañeiros de Vestas que o acompañaron durante a viaxe. A rexedora, María Loureiro, destacou os seus valores, e entregou aos operarios unha cesta con produtos típicos de Viveiro.

Na Praza Maior, Paleo e os seus acompañantes recibiron a calor dos seus compañeiros, amigos e familia. Os traballadores de Vestas, pola súa banda, continuarán coa mobilización para evitar o peche da fábrica.

Comentarios