Viveiro fará fillo predilecto a Adrián Ben, que cumpre anos o día da final

A final de 800 metros poderá seguirse a través dunha pantalla xigante na localidade
Adrián Ben. EP
photo_camera Adrián Ben. EP

O concello de Viveiro, berce de Adrián Ben Montenegro, o primeiro atleta español que se mete nunha final olímpica de 800 metros, fillo predilecto a este ídolo local, que o mércores, día en que se disputa a final ás 14.05 horas, cumprirá 23 anos, con este agasallo dos seus paisanos.

O goberno local, presidido por María Loureiro, emitiu unha breve nota na que informa de que a mencionada distinción será abordada no pleno desta semana e outórgaselle a este deportista non soamente polos seus notorios "éxitos", tamén "polos valores que transmite", polo "seu traballo e humildade".

O día 4 haberá neste municipio da Mariña, a costa lucense, unha pantalla xigante, con localización aínda por decidir, para seguir xestaa deste mozo que rexistrou en meta un tempo de 1:44.30 que lle deu o cuarto posto na segunda serie e unha das dúas prazas de repesca.

A súa é a mellor marca dun ochocentista español na historia dos Xogos Olímpicos.

Nos Mundiais de Doha 2019 Ben xa fixo historia ao ser o primeiro ochocentista español nunha final desde que o estivo Tomás de Teresa

Na súa casa, na súa Galicia natal, bautizárono como o "señor Remontadas" e destacan del o seu tesón, desde que se iniciou, na que é a súa paixón, aos quince anos, cando empezou a adestrar en Lugo facendo hora e cuarto de camiño.

En 2017 o excelente mediofondista voou a Madrid para avanzar no seu soño. Deixou atrás aos seus pais e aos seus amigos. E dedicou o seu tempo a correr.

"Corro para gañar", como todos, di. E conta sempre que adestrou moi duro para acabar con ese deshonor do mediofondo, algo que cumpriu co seu novo fito. Nunca houbo un español onde está el.

Todo facía presaxiar que iso ía ocorrer. Nos Mundiais de Doha 2019 Ben xa fixo historia ao ser o primeiro ochocentista español nunha final desde que o estivo Tomás de Teresa, neste mesmo estadio de Tokio, hai tres décadas. 

Comentarios