Viveiro fracciona en tres prazos o cobro do Ibi para facilitar o seu pago aos veciños

Os que teñen domiciliado o recibo verán os cargos o 5 de xullo, o 5 de setembro e o 5 de novembro. Para o resto o período de abono voluntario está aberto ata o 1 de setembro
Ayuntamiento de Viveiro. AMA
photo_camera Concello de Viveiro. AMA

O Concello de Viveiro informa os veciños de que o período de abono voluntario do Imposto de Bens Inmobles (Ibi) empezou este mércores e esténdese ata o 1 de setembro. Doutra banda, debido á crise económica este ano decidiu fraccionar en tres pagos o recibo para aqueles contribuíntes que o teñen domiciliado.

Así, o primeiro cargo farase o 5 de xullo, o segundo o 5 de setembro e o terceiro o 5 de novembro, en cada un deles por importe do 33,33% do total a abonar e "sen recarga".

En anos anteriores o Concello fraccionaba o cobro do Ibi en dous pagos ao 50%, en xullo e outubro, pero neste exercicio farao en tres "como medida de flexibilidade para a protección familiar e empresarial, co fin de facilitar o pago deste imposto atendendo ás consecuencias derivadas da crise provocada pola pandemia do Covid-19", explican desde o goberno local.

Comentarios