Viveiro despedirá o ano coa carrera en honra a Julián Bernal o día 31

O club Egovarros organiza a proba, coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación ► A alcaldesa amosou a ledicia por presentar unha carreira "que forma parte da nosa axenda anual"
1671708458535
photo_camera Presentación da carreira de Viveiro. EP

O Concello de Viveiro presentou a edición número 22 da Carreira Popular Concello de Viveiro-Memorial Julián Bernal, unha proba que se disputa o 31 decembro e está organizada polo CD Egovarros-Viveiro, en colaboración coa administración local e a Deputación de Lugo.

"Dende o Concello de Viveiro estamos moi ledos de volver presentar esta Carreira Popular, que xa forma parte da nosa axenda deportiva anual. Agradezo o esforzo dos clubs do municipio polo gran labor que realizan en prol de promocionar o deporte e a saúde", subliña María Loureiro, alcaldesa, unha das persoas que presentou a proba.

O prazo de inscrición remata o mércores día 28, e as solicitudes pódense facer a través do teléfono 982.59.81.60 ou na conta de correo electrónico [email protected]. O custo da inscrición é de 5 euros no caso da carreira absoluta e de balde para os menores de 13 anos.

O ingreso da contía será a través do número de conta ES08 2100 4330 6201 0016 2606 e haberá que engadir o xustificante no email da inscrición.

A saída desta proba senlleira xa na vila será ás 16.00 horas dende a Praza Maior para as categorías menores, que estarán divididas en tres grupos: de 0 a 7 anos, de 8 a 10 e de 11 a 13. Nestas categorías entregarase trofeo aos tres primeiros clasificados e unha medalla a todos os participantes.

Ás 17.00 horas será a quenda da categoría absoluta, tamén dende a Praza Maior. Os gañadores, tanto en categoría feminina como masculina, recibiran un lacón; os segundos clasificados, un queixo, e os terceiros, unha ristra de chourizos.

Máis en A Mariña
Comentarios