O Concello de Viveiro está inmerso na realización dun balance con todos os danos que provocaron as choivas torrenciais do domingo, "que foron moitos e moi dispersos" segundo apunta a alcaldesa, María Loureiro. A falta de terminar de solicitalos e coñecer exactamente cantas vivendas afectadas hai -serán varias decenas-, avanza que levan contabilizados 24 viarias, 10 rúas peonís, 17 estruturas públicas -das que 11 son pontes-, ou 40 vehículos.
A rexedora convocou unha reunión con técnicos municipais, Policía Local e Protección Civil para facer unha posta en común dos danos detectados por cada servizo e determinar os pasos a seguir para liquidalos. Na análise de incidencias delimitaron tres áreas de intervención segundo a gravidade das desfeitas producidas e estableceron o "nivel vermello" para os barrios da Carrapota e Xunqueira, onde se viron seriamente afectadas vivendas -algunhas familias aínda non puideron regresar a elas- e faleceu unha veciña.
No balance provisional figuran danos en 10 rúas peonís do centro histórico e noutros 24 viarios tanto da área urbana de Viveiro, Covas e Xunqueira como de zonas rurais. En canto a edificacións ou estruturas públicas resultaron afectados cinco pontes desde A Carrapota ata o hórreo de Xunqueira, dous na Carreira e os de Campo de Verdes, Cabandela, Os Muíños e Cruz da Rocha; ademais da fonte de Area, o lavadoiro de Campo Urraca, os xardíns de Pontelabrada, o colexio vello de Covas, o hórreo de Xunqueira ou o cemiterio de Altamira.
A riada tamén afectou a mobiliario urbano, a servizos como a iluminación pública de Xunqueira, a subministración de augas ou a rede de sumidoiros; a comercios -máis de 50- principalmente en Pastor Díaz e Avenida de Galicia; a outras edificacións como a estación de bus, a capela do Ecce Homo ou o convento de Valdeflores, e a 40 vehículos: 27 turismos, 5 caravanas, 2 cuadriciclos, 1 ciclomotor, 3 tractores e 2 remolques.
O Concello, que reforzará a sinalización por motivos de seguridade en lugares como A Carreira, tamén acordou tomar "as medidas cautelares necesarias nos viais afectados con respecto á saca de madeira", debido ao actual estado de conservación dalgúns viarios e a que hai maderistas traballando nestas pistas. Por iso emite un decreto para "suspender esta actividade nas zonas afectadas mentres non se arranxen".
COLABORACIÓN. Doutra banda o Concello solicitou ao delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, un camión cisterna para desatascar a rede de sumidoiros, que teñen lodo, e este confirmou que "a partir da próxima semana se porá a disposición do Concello o vehículo solicitado". A Deputación tamén se puxo a disposición do Concello e o ente local pediu un técnico que xa traballou xunto aos municipais na valoración dos danos, no que continuarán a próxima semana.
"crear as canles de información necesarias para evitar que persoas en situación de desamparo perdan a súa vivenda ou consigan un inmediato realoxo en inmobles a disposición da Xunta ou ou acceso a axudas para o aluguer". Os afectados poden contactar no 982.24.10.07 ou no correo [email protected].
Segundo o Concello, o Colexio tamén ofrece asistencia da quenda de oficio por se fose necesario realizar reclamacións xudiciais.