Viveiro confirma 11 positivos e 46 contactos baixo seguimento

Una calle de Viveiro, este domingo. ELISEO TRIGO
photo_camera Unha rúa do centro histórico de Viveiro, o domingo. ELISEO TRIGO

O Concello de Viveiro comunica aos veciños que o municipio ten 11 casos confirmados e activos de Covid-19, segundo os datos que facilitou a Consellería de Sanidade, ademais de 46 contactos estreitos dos anteriores que están baixo seguimento.

O goberno vivariense envía unha mensaxe de tranquilidade e incide na importancia de manter a calma, "sen baixar a garda e cumprindo estritamente as medidas de prevención establecidas, gardando a distancia social e usando a máscara sempre".

O Concello vivariense agradece ademais a responsabilidade e concienciación para evitar a propagación do virus.

Comentarios