martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

Viveiro celebra a reapertura da hostalería

Animación nas rúas de Viveiro. AMA
Animación nas rúas nun día asollado tras o alivio das restricións

Viveiro xa goza desde este sábado da reapertura da hostalería. A Xunta decidiu aliviar as restricións no municipio mariñán tras a melloría da incidencia do coronavirus, de forma que se retiraron o peche perimetral e tamén parte das medidas que pesaban sobre os bares e restaurantes.

A reapertura coincidiu ademais cun día primaveral. Os veciños acudiron aos establecementos para apoiar ao sector, que estivo pechado durante tres semanas.

Viveiro celebra a reapertura da hostalería
comentarios