Viveiro alcanza o seu maior número de contaxiados en toda a pandemia

O Concello apela " responbilidad" ante unha incidencia que chega aos 1.300 casos por cada 100.000 habitantes
Plaza Pastor Díaz de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera A céntrica praza Pastor Díaz de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O Concello de Viveiro alcanzou chega ao seu maior número de contaxiados desde o inicio da pandemia, cunha incidencia que se sitúa case nos 1.300 casos por cada 100.000 habitantes.

A cifra de positivos, segundo concretou a alcaldesa desta localidade, María Loureiro, ascende a 196, o que leva á rexedora a advertir que o municipio conta "cun número de positivos ao que nunca se chegou". 

No entanto, Loureiro apelou a que a "situación é diferente en relación a outros brotes ou ao que foron outros peches perimentrais", dado que "a maior parte da xente está vacinada, tamén moita xente nova recibiu a primeira dose". 

"O panorama sanitario é diferente a outros brotes, estamos con medidas e invocando a responsabilidade individual", sinalou, para cortar a expansión dos contaxios.

O municipio de Viveiro sitúase en nivel alto de restricións e de momento non se observa un "bajón" en canto a turistas ou visitantes que se pasan por este municipio da Mariña de Lugo. 

Con todo, a alcaldesa recoñeceu que este alto número de contaxios "repercute en canto a aquelas medidas que afectan bastante ao sector máis prexudicado que é o sector hostaleiro e o máis complicado é que compromete os hostaleiros dado que aqueles que entren nun local teñen que presentar un certificado de vacinación".

"Isto provoca desconcerto. Por Viveiro xa se ve a moita xente e esperamos que isto prexudique o menos posible", concluíu María Loureiro. 

Comentarios