
O xuízo contra Luis Miguel S.V, un veciño de Foz acusado de intentar matar en marzo de 2018 á
Tanto a acusación particular como o ministerio fiscal consideran que a proba practicada na vista oral non deixou dúbidas sobre a autoría dos feitos, polo que manteñen a petición dunha pena de 30 anos de cárcere para o acusado.
O avogado que se ocupa da defensa de Luis Miguel S.V, o letrado Joaquín Gayoso, dixo que "é curioso que nestes tempos no canto de ser a acusación" a que acredite a culpabilidade "teña que ser a defensa a que demostre" a inocencia do seu patrocinado.
Desde o seu punto de vista, as probas deixan claro que "os intentos de asasinato en absoluto existiron, tampouco o roubo e os danos" na vivenda da vítima que o ministerio fiscal impútalle ao seu cliente.
Tanto o letrado como o propio acusado si recoñeceron que houbo un "claro quebrantamento" da orde de afastamento ditada no seu momento polo Xulgado de Viveiro.