Vidal Romaní avisou en 2017 do perigo inminente de derrube nas Catedrais

O xeólogo referiuse xusto ao lugar onde se produciu o luns  Insiste en que é vital que non se ande sobre as rocas
Rocas desprendidas en As Catedrais. P.V.
photo_camera Rocas desprendidas nas Catedrais. P.V.

Os desprendementos nas Catedrais previstos e van continuar producíndose en lugares e momentos imprevisibles. Pero o que sucedeu o luns non o foi tanto. En 2017 o xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní advertiu especificamente nun informe de que ese lugar en concreto no que se produciu o derrube era extremadamente perigoso e avisou de que era unha zona de risco polas súas condicións e propensa a que sucedese o que, finalmente, ocorreu apenas tres anos despois.

Afortunadamente, foi no inverno e nun momento en que non había ninguén na praia, co que non houbo que lamentar ningún dano persoal.

Ver máis: O derrube das Catedrais demostra que a praia continúa evolucionando a base dunha erosión continua

Vidal Romaní considera que este tipo de advertencias seguen sen tomarse en serio. Él indica que a parte superior do cantil en que se produciu o derrube estaba "totalmente pisada" e que os visitantes a utilizaban para saltar entre as rocas, que estaban separadas por un espazo moi curto, tal e como se aprecia na imaxe.

Comenta que "foi caendo en pequenos tramos ata que hai uns días acabou por caerse do todo, pero non ten nada que ver nin co vento nin coas ondas, como se dixo" e advirte seriamente de que é vital evitar que a xente ande sobre as rocas ou acabará por ocorrer unha desgraza.

Comentarios