O vento levantou parte da cuberta dunha bancada do campo de fútbol da Marosa

El campo de A Marosa. ARCHIVO
photo_camera O campo da Marosa. ARQUIVO

O forte vento que soprou nos últimos días na Mariña levantou unha parte da cuberta dunha das bancadas do campo de fútbol da Marosa, en Burela. Trátase da bancada que aínda se podía utilizar porque a outra xa está pechada ao público debido ao seu mal estado e está á espera de ser reparada.

Segundo adiantou o alcalde, Alfredo Llano, este xoves responsables municipais analizarán os danos para estudar a actuación que se pode levar a cabo para evitar a situación de perigo que se orixinou ao levantarse as chapas. "Agora mesmo, non hai moita actividade no campo, pero aínda así temos que ver a maneira de arranxar o problema á maior brevidade posible", dixo Chairo.

O rexedor tamén avanzou que esperan que nos próximos días se poidan licitar as obras para a mellora da outra bancada que permanece pechada e que supón o súa derrube para facer outra nova.

Comentarios