Vendido na Pontenova un premio de 30.484 euros da Primitiva

O boleto, de segunda categoría, foi selado no bar Esquina, que hai dous anos xa repartira un segundo premio da Lotería de Nadal

aaaaa
photo_camera Orlinda Gueimonde e Rafael Sante, cando repartiron o premio da Lotería de Nadal. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

O sorteo da lotería Primitiva celebrado este sábado deixou un premio de segunda categoría na Pontenova dotado con 30.484 euros. O boleto foi selado no bar Esquina da localidade, que xa en 2016 repartiu a sorte dando un segundo premio da Lotería de Nadal. Os seus propietarios Rafael Sante e Orlinda Gueimonde, aseguran que a persoa afortunada pode ser un veciño ou alguén de paso e que incluso poida que aínda non saiba que é o gañador.

A combinación gañadora foi 7-32-3-43-41-6, complementario o 27 e reintegro o 7. O gañador da Pontenova tivo cinco acertos máis o complementario.

Comentarios