lunes. 01.03.2021 |
El tiempo
lunes. 01.03.2021
El tiempo

As familias de Alcoa acoden ao velorio da fábrica

Os traballadores de Alco e os seus familiares asisten ao velorio de Alcoa. 

Os traballadores de Alcoa, acompañados polos seus familiares, asistiron este sábado ao velorio pola morte da fábrica de aluminio primario de San Cibrao, nunha nova mobilización convocada polo comité de empresa para chamar a atención sobre a difícil situación que están a vivir os 524 empregados incluído no Ere que pretende aplicar a multinacional e os operarios das empresas auxiliares.

O velorio comezou ás 19.30 horas na mesma entrada da fábrica, onde os traballadores manteñen o seu campamento para evitar a saída de aluminio do complexo industrial desde o inicio da folga indefinida. O venres colocaran colocaron as cruces que formaron parte da escenificación desta nova acción reivindicativa.

As familias de Alcoa acoden ao velorio da fábrica
comentarios