viernes. 03.04.2020 |
El tiempo
viernes. 03.04.2020
El tiempo

Tres vehículos chocan na N-642 en Foz

Os coches accidentados en Foz. EP
Os coches accidentados en Foz. EP
O accidente saldouse sen feridos

Unha colisión por alcance entre tres turismos ocorrida no quilómetro 31 da N-642, preto da rotonda, en Foz, saldouse este xoves sen feridos. Os vehículos circulaban en dirección Ribadeo.

O accidente produciuse cara ás as dez menos dez da mañá, cando particulares alertaron ao 112, que mobilizou a Protección Civil de Foz, mantemento da estrada e Policía Local. 

O Subsector de Tráfico da Garda Civil non puido enviar patrulla ao atoparse atendendo un sinistro en Xove no que dúas persoas resultaron feridas.

Tres vehículos chocan na N-642 en Foz
Comentarios