Os veciños da Rigueira en Xove recuperan o belén na súa extensión orixinal

Foi inaugurado este domingo e poderá verse ata o 12 de xaneiro
El belén está instalado en la iglesia de A Rigueira, en Xove. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera El belén está instalado en la iglesia de A Rigueira, en Xove. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Distintos avatares de saúde dos impulsores do belén da Rigueira en Xove -un dos máis afamados da comarca mariñá- impedíronlles o Nadal pasado colocalo en toda a súa extensión, pero este ano recuperaron forzas e, axudados por veciños, o sacerdote e o Concello, recuperaron a instalación de trinta metros cadrados que inauguraron este domingo e que está aberta para recibir visitas ata o 12 de xaneiro.

O horario ordinario é os sábados, domingos e festivos de catro a oito da tarde, pero os impulsores están sempre dispostos para recibir xente en calquera outro momento. Para iso, os interesados deben contactar previamente por teléfono ao 627.91.24.01 ou ao 661.02.95.93. "Todos os centros escolares que queiran vir visitalo, non teñen nada máis que chamar aos teléfonos", di Lisardo Reigosa, un dos colaboradores, quen comenta que este martes reciben a usuarios do centro de día de Burela e que tamén irán ver o belén residentes no xeriátrico de Viveiro.

Segundo recorda Reigosa, este nacemento destaca pola utilización de elementos naturais, "para o serrín, o campo, o terreo ou o trigo, empregamos ou máximo posible de cousas naturais", reseña, e engade que conta ademais cun bo número de figuras en movemento, como "o ferreiro que está ferrando o cabalo, a alfareira, o aserrador, a que está a asar as mazorcas, o zapateiro ou a porta do castelo. Tamán hai efecto día e noite e un río con fervenza".