lunes. 16.12.2019 |
El tiempo
lunes. 16.12.2019
El tiempo

Vecinos de Burela e Foz denuncian estafas online por 554 e 237 euros

Unha das afectadas cre que puideron clonarlle a tarxeta. EP
Unha das afectadas cre que puideron clonarlle a tarxeta. EP

A Policía pasará as dilixencias á Garda Civil ao ser da súa demarcación

Unha veciña de Burela e un veciño de Foz acudiron este luns á comisaría da Policía Nacional de Viveiro a denunciar que detectaran cargos indebidos nas súas contas bancarias, no primeiro caso por unha cantidade total de 554,61 euros e no segundo, de 237 euros.

A veciña de Burela denunciou que lle realizaron dous cargos que sumaban os citados 554 euros a través dunha páxina de pago segura, polo que a Policía cre que alguén puido clonarlle a tarxeta e realizar as compras ao coñecer a súa numeración e código de seguridade. Os cargos realizáronse entre o 22 e o 23 deste mes.

O veciño de Foz acudiu o luns a denunciar que non lograba darse de baixa dunha subscrición involuntaria dun servizo mediante o que todos os meses lle cargaban unha cantidade na súa conta, que entre agosto de 2017 e decembro de 2018 sumaban 237 euros. A Policía pasará as dilixencias á Garda Civil ao ser da súa demarcación.

Vecinos de Burela e Foz denuncian estafas online por 554 e 237 euros
Comentarios