Unha veciña de Viveiro denuncia cargos na súa tarxeta por 1.400 euros

Alguén usou os seus datos bancarios para realizar compras nunha tenda virtual chinesa

Comisaría de Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)
photo_camera Comisaría da Policía Nacional en Viveiro. JOSÉ Mª ÁLVEZ (AMA)

Unha veciña de Viveiro acudiu á comisaría da Policía Nacional a denunciar que fora vítima dunha estafa por internet logo de detectar dous cargos que suman 1.400 euros por compras nunha tenda virtual chinesa que ela non realizou.

Fontes policiais explican que os feitos sucederon a principios de marzo e que a tarxeta coa que se fixeron as compras utilízaa habitualmente a afectada para operacións por internet, polo que cren que os seus datos bancarios puideron ser clonados. Os cargos son por importe de 468 e 935 euros.
 

Comentarios