Un home propinou unha puñada a outro na cola do hospital para vacinarse

A agresión produciuse cando o segundo lle invitou a gardar a distancia de seguridade
Entrada del Hospital Público da Mariña. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Entrada do Hospital Público da Mariña. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Un home que acudiu este martes ao Hospital Público da Mariña, en Burela, propinou unha puñada nun ombreiro a outro home que facía cola para a vacinación. A agresión produciuse cando o segundo lle invitou a gardar a distancia de seguridade. Os feitos ocorreron cara á unha da tarde.

A vítima alertou á Garda Civil, pero o agresor xustificou o seu comportamento indicando que lle rompeu o teléfono móbil. A voluntaria da Cruz Vermella mediou na discusión e sacou da fila ao agredido para pór fin ao altercado.

Comentarios